Site icon Crónica3.com A Mariña

As categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén exhibiranse esta fin de semana na casa

A BASE LARANXA EXHÍBESE EN BURELA

As categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén exhibiranse esta fin de semana na casa. Dos sete encontros que figuran na axenda das promesas laranxas, cinco serán entre Vista Alegre e Monte Castelo.

O sábado, coa bomboneira como gran testemuño, abrirán a xornada en amigable os benxamíns e alevíns e pola tarde, ás 16.00 horas, os cadetes recibirán o CD Beade, en Autonómica.

O domingo tamén haberá un combinado de compromisos oficiais e oficiosos. Comezarán os infantís e alevíns, ás 10.00, no Monte Castelo; unha hora despois, en Vista Alegre, a Liga Nacional Xuvenil enfrontará os burelistas co Cidade de Narón e, como peche, o equipo infantil de Autonómica medirase ao Troula FS, ás 13.00.

Das dúas citas a domicilio, os cadetes quedarán na Mariña para medirse ao Ribadeo FS, o sábado (12.00 horas), e os xuvenís de Autonómica visitarán a pista coruñesa do Hércules FS, o domingo, ás 10.30 horas.

Liga Nacional Xuvenil

Burela FS-Cidade de Narón

Domingo 11 de novembro, ás 11.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Xuvenil

Hércules FS-Burela FS

Domingo 11 de novembro, ás 10.30 horas, no pavillón Sagrada Familia da Coruña

Liga Autonómica Cadete

Burela FS-CD Beade

Sábado 10 de novembro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Infantil

ED EON Burela FS-Troula FS

Domingo 11 de novembro, ás 13.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Amigables

Ribadeo FS Cadete-Burela FS Cadete B

Sábado 10 de novembro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Ribadeo

ED EON Burela FS Infantil B-ED EON Burela FS Alevín A

Domingo 11 de novembro, ás 10.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela

ED EON Burela FS Benxamín-ED EON Burela FS Alevín B

Sábado 10 de novembro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Exit mobile version