4ª xornada de LNB NorLeste. Domingo 18 novembro 2012
Un “Bull” andibo ceibo en San Miguel
As poucas horas de luz engadíase desta volta a dificultade dun terreo de xogo que facía imposible asegurar un bo golpe e imprevisible o voo da billarda, casi sempre contrario os desexos do palanador. Para axilizar e dar acabado ca luz natural montáronse tres pistas simultaneas nas que 53 bravos loitadores pelexamos deportivamente polas cestiñas de castañas que agardaban os campiós da xornada.
Do mesmo xeito que a xornada pasada nos acompañaron o equipo dos “Corredoira”, desta volta foron os “Gharabotos” quenes participapron con nos no aberto e con moito acerto. Conseguiron, xunto cos “Remourelle Bulls” ser o millor equipo da xornada (os dous con 30 Puntos).
As xa comentadas dificultades do terreo de xogo puxeron en apuros aos palanadores que unha e outra vez se vían sorprendidos polos irregulares e inagardados brincos das billardas. Outros peró, estiveron mais avispados e aguantaron moi ben o tipo.
Somentes un xogador fixo pleno nesta difícil xornada: Marcos dos “Remourelle Bulls” acabou con tódolos opoñentes que o sorteo lle deparou (10 puntos de 10 en xogo) e rubio chanzo a chanzo o mais alto do caixón de vencedores amosando un sorriso na faciana e ca satisfación do deber cumprido. Un primeiro posto moi loitado e merecido que dende fai tempo viña teimudamente perseguindo e acadou finalmente en San Miguel.
Con 9 puntos remataron Elena de “Os Outros” e Markytos de “Billardeiros Musicais”. No desempate foi o bicampión nacional quen se fixo co 2º caixón rematando Elena como 3ª da xornada.
Os especialistas en varados e malia que a pista non era demasiado longa, desta volta non o tiveron doado, asi e todo ainda se conseguiron cinco varados na xornada.
Chegados ao remate e xa todos cheiños de frio e metidos na noitiña, Manolo Flores como xefe de ceremonias fixo a entrega dos tres cestiños de castañas e dos trofeos correspondentes os vencedores do aberto.
Apretánse as clasificacións xerais na cabeza que quedan así:
Individual: Charli e Richar 33 p., Daniel e Oscar 31 p., Eric, Marcos e Regueiro 30 p., Guille e Martiño 29 p., Flores 27 p., Elena e Geni 26 p.
Equipos: Os Outros 120 p., Billardeiros Musicais 113 p., Tropa Lixeira 108 p.
Varados: Eric e Regueiro 4, Charli 3, Daniel, Martiño Muriego e Oscar 2.
A vindeira cita será o 1º de decembro na Universidade Laboral de Xixón, donde tentaremos revalidar título e seguir ca custodia da Copa Cantábrica fronte a selección asturiana do CNL, (Conceyu Nacional de Liriu).