Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela conmemorará o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres cun acto institucional

BURELA CONMEMORARÁ O 23 DE NOVEMBRO O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

Burela, 13 de novembro de 2012. Burela acollerá o acto institucional para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres o vindeiro 23 de novembro.

Diana Durán, a concelleira de Servizos Sociais, explicou que “coma o 25 de novembro é domingo adiantamos a celebración ao venres. Ese día durante toda a mañá distribuiremos lazos de cor morada e tamén a publicación que recolle os microrrelatos gañadores do concurso convocado o ano pasado. Ademáis colocaremos na entrada do Concello un panel onde todas as persoas que o desexen poidan deixar a súa opinión sobre esta lacra social”.

A partires das 11:45 horas terá lugar a colocación na fachada do Concello da pancarta conmemorativa do 25 de novembro. Ás 12 do mediodía presentaráse o borrador do III Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres de Homes do Concello de Burela ás asociacións, á poboación en xeral e tamén á prensa. A partires das 12:15 horas presentaráse tamén a asociación de Mulleres en Igualdade de Burela (BUMEI). Para as 12:30 horas está prevista a entrega dos premios do VI Concurso de Microrrelatos e do II Concurso de Lemas. E ás 12:45 horas a xornada rematará coa lectura dun manifesto no salón de plenos. O encargado de facelo será o alcalde de Burela, José Mª González Barcia.

Durán convida “a todas as veciñas e veciños de Burela a participar nos actos do vindeiro 23 de novembro. Todos debemos loitar na medida das nosas posibilidades para eliminar esta lacra social”.

Exit mobile version