Site icon Crónica3.com A Mariña

Calendario categorías base do Burela FS

AUTONÓMICA RECIBE DOBRE COMPROMISO CO COLEGIO LICEO

A base laranxa encara este sábado dobre compromiso co Colegio Liceo. Tras o derbi mariñán de Terceira, entre o Burela FS B e o Superti, Vista Alegre acollerá dous grandes duelos en Autonómica Cadete (18.00 horas) e Infantil (19.30) coa visita dos coruñeses, moi próximos nas táboas.

Deporte Escolar concentrará as xornadas burelistas o sábado, o Cadete A visitará o Cidade de Viveiro e o B saltará á pista do Lourenzá Mondoñedo; o Alevín B tamén xogará en terras laurentinas e o A recibirá o Alfoz. O Monte Castelo albergará o encontro benxamín co Praia de Covas.

As ligas Nacional Xuvenil e Prebenxamín da Mariña protagonizarán as últimas citas oficiais da fin de semana. Os pupilos de Lucas defenderán a segunda praza, a tan só un puntiño do liderado do Azkar Lugo, en Vilalba; será o domingo, a partir das 12.30. Á mesma hora, os máis pequenos visitarán o AD Santiago de Foz.

Liga Nacional Xuvenil

Valdesuso Vilalba FS-Burela FS

Domingo 2 de decembro, ás 12.30 horas, no pavillón municipal de Vilalba

Liga Autonómica Cadete

Burela FS-Colegio Liceo

Sábado 1 de decembro, ás 18.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Infantil

Burela FS-Colegio Liceo

Sábado 1 de decembro, ás 19.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Deporte Escolar

FS Cidade de Viveiro Cadete-Burela FS Cadete A

Sábado 1 de decembro, ás 13.00 horas, no pavillón dos Institutos de Viveiro

Lourenzá Mondoñedo Cadete-Burela FS Cadete B

Sábado 1 de decembro, ás 9.30 horas, no pavillón de Lourenzá

ED EON Burela FS Alevín A-Alfoz Alevín

Sábado 1 de decembro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

ED Lourenzá Alevín-ED EON Burela FS Alevín B

Sábado 1 de decembro, ás 11.00 horas, no pavillón de Lourenzá

ED EON Burela FS Benxamín-Praia de Covas Benxamín

Sábado 1 de decembro, ás 16.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela

Liga Prebenxamín da Mariña

AD Santiago de Foz-ED EON Burela FS

Domingo 2 de decembro, ás 12.30 horas, no pavillón do Cantel de Foz

Exit mobile version