Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo celebrará esta fin de semana o primeiro concurso gastronómico de castañas

Cervo celebrará esta fin de semana o primeiro concurso gastronómico de castañas

-As persoas que desexen participar teñen ata o día 16 para apuntarse

-Os pratos terán que presentarse o día do concurso, o 17 de novembro, cando o xurado os valorará e elixirá os tres mellores

Cervo, 12 de novembro de 2012-A Concellería de Cultura convoca o primeiro concurso “Larpeirada de ourizo de outono”, un certame gastronómico incluído no Outono Cultural. O concurso consiste en preparar e presentar unha sobremesa ou larpeirada na que a castaña sexa o elemento principal. Estes son os únicos requisitos que teñen que cumprir os pratos participantes, xa que o resto de ingredientes (sempre que o resultado sexa doce), o deseño, o tamaño e calquera outro detalle quedan a elección do cociñeiro ou cociñeira.

As persoas que desexen participar teñen que inscribirse no concurso, cubrindo un impreso que atoparán na Casa do Concello e na Casa da Cultura. O prazo está aberto dende hoxe ata o venres día 16. Será o sábado 17 cando se celebre o certame, día no que os participantes deberán levar preparadas as súas sobremesas ou larpeiradas, que serán valoradas por un xurado composto por un mínimo de tres persoas e un máximo de cinco. Os tres mellores recibirán unha figura conmemorativa deste certame.

Á hora de avaliar os pratos, o xurado terá en conta a dificultade na elaboración, a presentación, o tempo de preparación, a orixinalidade ou o sabor, entre outras calidades. “Con este certamen gastronómico pretendemos explotar la versatilidad de la castaña, un producto típico de esta época, muy saludable, y que se puede preparar de numerosas maneras, además de las formas más tradicionales como asadas o cocidas” explica a edil de Cultura, Begoña Alonso, que engade que “al mismo tiempo buscamos darle un toque de sabor y de color al otoño, incentivando el consumo de alimentos de temporada y animando a los cervenses a que compartan con los demás esas recetas con castaña que ellos conocen o incluso invitarlos a ser creativos e inventar nuevos postres”.

Ese mesmo día no que se desenvolverá o concurso “Larpeirada de ourizo de outono” tamén se elixirán os gañadores e se entregarán os premios do I Concurso de debuxo infantil “A Castaña”, no que os nenos e nenas de primaria presentaron as súas ilustracións.

Exit mobile version