Site icon Crónica3.com A Mariña

Cincocentas persoas conmemoraron cunha comida os 50 anos de vida dos Cocos de Lourenzá

Podía parecer imposible que casi 500 persoas responderan a chamada dun grupo inexperto de organizadores. Para os incrédulos, terse pasado por Vilanova a partir das 9 da noite cando as rúas vacías contrastaban coa marabunta de xente reunida para un gran evento no mercado gandeiro, sería suficiente testemuño da súa falta de fé! Á voz de vivan os noivos comezaba unha orixinal ceremonia para renovar os votos de unión duns persoaxes moi queridos na vila!!
Un presidente moi seguro e convencido do que decía, deixaba claro a todos que “corran os tempos que corran, un pobo nunca se pode olvidar dos seus festexos e tradicións”. E para tradición a que se celebraba: 50 anos de bailes polas rúas duns xigantes moi especiais, Os Cocos!!
Non lles tremeu a estes a voz ao dar a resposta esperada, e unha e outra vez cumprían o desexo daqueles que reclamaban o bico oficial.
Fieis gaitas non podían faltar neste día destacado. Novas roupas para ela e un especial vídeo homenaxe confirmaban as sorpresas anunciadas!!
O inesperado número de comensais non orixinou nada imposible de solucionar. Da comida, bebida, prezos e organización din moitos que todo estivo xenial; palabras, sen dúbida, de recompensa!!
“Éxito” pode definir esta noite, e a unión dun pobo é o que o xera.
Polo tanto, o que uniron Os Cocos que non se separe nunca!!
VIVA LOURENZÁ E VIVAN OS NOSOS COCOS!!

Exit mobile version