COLOCARON UN LAZO MALVA NO BALCÓN DA CASA DO CONCELLO, ONDE TAMÉN HAI UN LIBRO DE FIRMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Co mesmo motivo a rexedora local inaugurou o libro de firmas que estará nas oficinas do Concello ata o vindeiro venres, día 30, e este domingo a mediodía poñerase na entrada do consistorio para que todas as persoas do municipio ou que pasen por el poidan deixar a súa pegada cunha frase de repulsa á violencia de xénero.