Site icon Crónica3.com A Mariña

Concello e ACIA Burela ensinarán a ubicar un enderezo en Google Maps para facilitar a localización

CONCELLO E ACIA BURELA ENSINARÁN A POSICIONAR UN NEGOCIO EN GOOGLE MAPS CO OBXECTIVO DE QUE CHEGUEN A MÁIS CLIENTES POTENCIAIS.

Burela, 15 de novembro de 2012. O Concello en colaboración con ACIA Burela levará adiante unha iniciativa na aula da rede CeMIT para ensinar a posicionar un negocio en Google Maps e así chegar a máis clientes potenciais. Será a vindeira semana.

O vindeiro luns, a Delegación de Cultura e Educación poñerá a andar na aula CeMIT de Burela unha iniciativa dirixida aos de ACIA Burela. Mónica Pedre explicou que “Xeoposiciona o teu negocio na Internet nace dunha colaboración entre o Concello e ACIA Burela e pretende dar visibilidade aos negocios de Burela en internet”. A iniciativa levarase a cabo a través de dúas actuacións: unha charla e un curso. Na charla, que terá lugar o luns 26 de novembro de 21:00 a 22:00 horas, amosarase a posicionar un negocio en Google Maps e así poder chegar a máis clientes potenciais. O curso Creación dun blog para o teu negocio permitirá crear un blog en internet aos asistentes, ou sexa, crear unha sinxela páxina web na que mostrar novas sobre os seus negocios, actividades, promocións, fotos, etc… O curso terá unha duración de 8 horas, comezará o martes 27 de novembro e finalizará o xoves 13 de decembro e impartirase, tamén, en horario de 21:00 a 22:00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, tutorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version