A Banda da Escola de Musica de Foz, organiza un ano máis, co motivo da Festividade de Sta. Cilla, Patroa dos músicos, un concerto mañá sábado día 24 de novembro ás 20.00 h. na Sala Bahía de Foz. Posteriormente os membros da Banda e todas aquelas persoas que o desexen (previa retirada de tarxeta) acudirán a unha cea de confraternidade.