Site icon Crónica3.com A Mariña

Concurso de postais “Nadal 2012-2013” en Xove

Organiza a Concellería de Cultura de Xove, dirixido a tódolos nenos/as e rapaces/as do Concello. Deberán presentar postais, con motivos navideños, en cartulina, folio, axustado ao tamaño dunha cuartilla (a metade dun folio), sendo libre a técnica a empregar. As postais haberá que entregalas na Biblioteca Pública Municipal ata o 21 de decembro. Categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos). 1º e 2º de Primaria. 3º e 4º de Primaria. 5º e 6º de primaria. 1º a 4º de ESO. Haberá tres premios. O fallo do xurado darase a coñecer antes do 5 de xaneiro.

Exit mobile version