Site icon Crónica3.com A Mariña

Convócase o certame de poesía infantil da biblioteca de Burela

A BIBLIOTECA DE BURELA CONVOCA O CERTAME DE POESÍA INFANTIL NADAL 2012. OS TRABALLOS PODERÁN PRESENTARSE ATA O 14 DE DECEMBRO.

Burela, 9 de novembro de 2012. A biblioteca pública de municipal de Burela convoca o certame de poesía infantil Nadal 2012 na súa fase local. Nel poderán participar todos os nenos e nenas que queiran con poemas sobre o nadal. Segundo informa a Concellería de Cultura establécense tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos.

Cada autor poderá presentar cantos traballos desexen. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo entregaráse nun sobre pechado dentro do que deben figurar os datos do autor, o seu teléfono, o centro de ensino, o curso que estudia e a súa idade.

O prazo de presentación dos poemas rematará o 14 de decembro. Os traballos estarán expostos ao público na sala de arte da Casa da Cultura desde o 21 de decembro ata 25 de xaneiro de 2013.

Exit mobile version