Site icon Crónica3.com A Mariña

Distribuirán lazos de cor morada polo Día internacional da violencia contra as mulleres, en Burela

BURELA CONMEMORARÁ O VENRES, 23 DE NOVEMBRO, O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

Burela, 21 de novembro de 2012. Burela acollerá o acto institucional para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres o vindeiro 23 de novembro.

Ese día durante toda a mañá distribuiránse lazos de cor morada e tamén a publicación que recolle os microrrelatos gañadores do concurso convocado o ano pasado. Ademáis colocarase na entrada do Concello un panel onde todas as persoas que o desexen poidan deixar a súa opinión sobre esta lacra social.

A partires das 11:45 horas terá lugar a colocación na fachada do Concello da pancarta conmemorativa do 25 de novembro. Ás 12 do mediodía presentaráse o borrador do III Plan para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres de Homes do Concello de Burela ás asociacións, á poboación en xeral e tamén á prensa. A partires das 12:15 horas presentaráse tamén a asociación de Mulleres en Igualdade de Burela (BUMEI). Para as 12:30 horas está prevista a entrega dos premios do VI Concurso de Microrrelatos e do II Concurso de Lemas.

Ás 12:40 horas terá lugar a presentación de Elena Valle García, gañadora do premio provincial convocado polo colectivo Mujeres Entretejidas, asociación que promove a igualdade de xénero. Desde a Concellería de Servizos Sociais explican que “nun día coma este contar co relato de Elena supón para este Concello un gran orgullo pois como ela ben di precisamos actos, precisamos xente nova, coma ela, que concienciada desta lacra, levante a súa voz e diga ese basta tan necesario para acabar coa violencia contra as mulleres. Os valores de Elena deben ser o exemplo que mova a nosa xuventude para buscar unha sociedade máis igualitaria”. E ás 12:45 procederáse á lectura do manifesto por parte do alcalde, José Mª González Barcia. Será no salón de plenos.

Exit mobile version