O domingo, 25 de novembro, con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero, a Asociación de veciños do burgo de Trasbar repartirá lazos violeta xunto cun poema de Mario Benedetti ás persoas que se acheguen ao Local Social de Trasbar no transcurso do día. Así mesmo, membros da Xunta Directiva repartirán casa por casa os lazos e os poemas, aportando así o noso gran de area na eliminación desta lacra.