Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista amosa a súa solidariedade co sector lácteo galego e apoia as súas mobilizacións

Espazo Ecosocialista amosa a súa solidariedade co sector lácteo galego e apoia as súas mobilizacións

Espazo Ecosocialista, organización integrada en AGE, amosa a súa solidariedade co sector lácteo galego diante da profunda crise que está a vivir xa desde hai anos, e que non fai máis que prolongarse e agravarse.

Cando se dá a realidade de que en Galicia, o valor do leite en orixe é un dos máis baixos de toda a Unión Europea, cando na actualidade todo tipo de explotacións lácteas están dando perdas, cando non existen nin se impulsaron desde as distintas administracións mecanismos de negociación de prezos para que estes cubran (cando menos) os custes de produción nas explotacións, estase poñendo ás explotacións lácteas nunha situación absolutamente insostíbel, cando estas administracións se é cómplice das industrias na paulatina precarización do traballo …. cando todo isto sucede parece razoable que o sector proteste e presione para buscar solución a este problemas económico, que é tamén un drama social.

É por iso que @s ecosocialistas apoiamos as medidas de presión e mobilización que se están a impulsar desde as organizacións representativas do sector contra este espolio, particularmente á histórica folga de entregas de leite convocada para se efectivizar a partires do 27 de novembro.

Desde o Espazo Ecosocialista defendemos que unha Galicia xusta e sostible pasa necesariamente por un mundo rural vivo. Mundo rural que só é posible defendendo os medios de vida das persoas moradoras do nosos rural, que deben ver recompensado o seu traballo con prezos xustos.

Exit mobile version