Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista galego organiza as “xornadas renovando a esquerda, novas ideas para o século XXI”

A esquerda renovadora galega participa hoxe de diferentes espazos político-electorais. A irrupción de AGE no parlamento galego supón a entrada en escena dun novo espazo no paradigma da esquerda nacional, necesario para a reconstrución da esquerda, pero máis aló a renovación da esquerda require construír pontes de dialogo e reflexión entre todas aquelas persoas que se sitúan neses parámetros político-culturais

Xornadas Renovando a Esquerda

Data: [Xoves] 29 Novembro / 13 Decembro

Lugar: Salon de Graos. Facultade de Ciencias Políticas. Compostela

Organiza: Espazo Ecosocialista Galego

Colabora: Decanato da Facultade de Ciencias Políticas da USC

Sesión I: Xoves 29 de novembro

16,30 a 18,30. Mesa 1. Ideas para unha esquerda do século XXI

Modera: María Xesús Bóo Feijóó (co-portavoz de Espazo Ecosocialista e membro de Ames Novo )

Xan Duro Fernández (membro de Espazo Ecosocialista)

Xaquín Fernández Leiceaga (ex-parlamentario e membro do PSdG)

Xoán López Facal (economista e histórico dirixente da esquerda galega)

Manuel Martínez Barreiro (editorialista. articulista de El Pais)

18,45 a 21,00. Mesa 2. Radicalidade democrática e desafección política

Modera: Marcos Pérez Pena (director de Praza Pública)

Manuel Dios Diz (co-portavoz de Espazo Ecosocialista)

Xosé Manoel Pereiro ( articulista e presidente do Colexio de Xornalistas de Galicia )

Xesús Veiga Buján ( economista.e ex-parlamentario. Membro de Abrente e do BNG)

Encarna Otero Cepeda (ex-directora xeral de fomento da Xunta de Galicia)

Sesión II: Xoves 13 de decembro

16,30 a 18,30. Mesa 3. Converxencias na Cooperación en marcos plurais

Modera: Xaime Subiela (politólogo. Promotor da IBC)

Xose Manuel Pazos ( ex-parlamentario e concelleiro de ACE en Cangas)

Rafael Pillado (histórico líder político da esquerda e membro do Colectivo Fuco-Buxan)

Anton Sanchez García (concelleiro de Anova en Bergondo e parlamentario de AGE)

Cesar Santiso (concelleiro de A Coruña de EU-Os Verdes)

18,45 a 21,00 Mesa 4. A esquerda renovadora diante dos novos retos

Modera: Tino Santiago (redactor da TVG)

Yolanda Díaz Pérez (coordinadora xeral de EU)

Xulia Guntín Arauxo (economista e membro da executiva de CxG)

Xoán Hermida González (coordinador de Espazo Ecosocialista)

Martiño Noriega Sánchez (alcalde de Teo, portavoz de EI e membro de Anova)

Conferencia Clausura 21,00 horas

A programación esta suxeita a novas incorporacións e variacións

Inscricións previas en espazo@espazoecosocialista.org

Exit mobile version