Hoxe un total de 32 usuarios e técnicos dos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, disfrutaron dunha xornada moi especial.
A primeira hora da mañá, colleron o tren facendo os recorridos Burela-Castropol, e Ribadeo-Castropol, asistindo así, usuarios dos dous Centros.
O paseo en tren foi moi relaxado ó mesmo tempo que especial grazas á maravillosa paisaxe e ó bo tempo que nos acompañou toda a xornada.
Ás 12:00 tivemos a visita no Centro de Interpretación de Castropol e a continuación puidemos deleitarnos con un paseo en bicicletas eléctricas, gran atractivo para os nosos usuarios. Nelas recorremos a Reserva da Biosfera Río Eo e Terras de Burón, descubrindo así un deporte suave e sostible, amenizado polas espectaculares paisaxes que compuxeron a ruta.
Despois da ruta, collemos forza disfrutando todos xuntos dun especial xantar, para logo disfrutar dunha tarde micolóxica: puidemos observar diversas variedades de cogumelos, e recollemos algunha especie para facer unha exposición.
Só queda decir, que foi unha xornada que repercutiu moi positivamente na mellora terapéutica de tódolos participantes, pedindo todos eles que se repita o próximo ano.