Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz convida a deixar mensaxes nas redes sociais do concello polo Día internacional contra a violencia de xénero

O vindeiro venres, 23 de novembro, ás 12h. na Casa Consistorial do
Concello de Foz, adiantándonos á conmemoración do Día Internacional contra a
Violencia de Xénero (25 de novembro), celebraremos un acto para lembrar ás
vítimas que durante este ano perderon a vida a mans das súas parellas,
alentar a todas aquelas persoas que sofren maltrato a que denuncien a súa
situación e sensibilizar á poboación sobre este problema, que continúa moi
presente na nosa sociedade.

De forma simbólica colgaremos un lazo morado, que presidirá a Casa
Consistorial desde o venres 23 ata o luns 26 de novembro e colocaremos un
libro para que a corporación local, membros de asociacións e veciños/as en
xeral poidan deixar escrita unha mensaxe baixo o lema “Exprésate contra a
Violencia de Xénero”, ata o vindeiro luns.

Ademais, as persoas que non desexen desprazarse ata a Casa Consistorial,
poderán deixar as súas mensaxes a través das redes sociais Facebook e
Twitter, nas que o Concello de Foz ten presenza.

Exit mobile version