Site icon Crónica3.com A Mariña

FRUGA organiza o sábado unha xornadas sobre as loitas agrarias en Galiza en Translite (Láncara)

FRUGA ORGANIZA O SÁBADO UNHA XORNADA SOBRE AS LOITAS AGRARIAS EN
GALIZA EN TRASLISTE, LÁNCARA
Trasliste, símbolo de resistencia na loita contra a cota empresarial, é o lugar escollido para
esta xornada de reflexión sobre a liberación da xente labrega.
Lugo, 29 de novembro de 2012. Este sábado, a Federación Rural Galega-FRUGA, celebra na
parroquia de Trasliste, Láncara unha xornada reivindicativa dos movementos agrarios galegos
máis importantes desde a transición ata os nosos días.
Primeiramente farase unha ofrenda ao monolito en homenaxe á firmeza do Sr. Xulián nos intentos
de embargo que sufríu na loita contra a cota empresarial. Seguidamente, o historiador Francisco
Carballo ofrecerá unha conferencia sobre a historia das loitas agrarias na Galiza na antiga escola
de Trasliste.
Despois do xantar na casa de turismo rural Casa Grande de Láncara, e de novo na antiga escola
de Trasliste, haberá unha mesa redonda onde se debatirá sobre o presente e o futuro das loitas
agrarias galegas

Exit mobile version