Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá inicia o ciclo de Outono Teatral cunha actuación do grupo Raiolas de Alfoz

A CASA DE CULTURA ACOLLERÁ O CICLO DE OUTONO TEATRAL, QUE EMPEZA O DÍA 18 DESTE MES CUNHA REPRESENTACIÓN A CARGO DO GRUPO RAIOLAS, DE ALFOZ.

Lourenzá, 10 de novembro de 2012. A Concellería de Cultura organiza o xa tradicional ciclo de outono teatral que cada ano se desenvolve por estas datas en Lourenzá.

A concelleira Lupe Flórez Seivane anunciou hoxe que nesta ocasión a primeira función correrá a cargo da compañía Raiolas, de Alfoz, dirixida por Pepe Peinó, que representará a obra titulada “O chufón”, da que é autor Xesús Rodríguez López. Será o vindeiro domingo, día 18 de novembro, ás sete da tarde no salón de actos da casa de cultura de Lourenzá.

Lupe Flórez deu a coñecer ademais que “Pepe Peinó tamén vai achegarse a Lourenzá o día 1 de decembro, xa que él foi o que escribiu e dirixiu a obra que van protagonizar os alumnos do taller de memoria do noso Concello, que van estreala de maneira oficial nesta data, tamén no salón de actos da casa de cultura”.

Exit mobile version