No primeiro ano de Goberno de Mariano Rajoy
Vega: “o PP pensou nos mozos españois, aprobando unha reforma educativa para mellorar o seu emprego”
. O Goberno do Partido Popular cumpre un ano de reformas, austeridade e rigor
. Mariano Rajoy levou a cabo nun ano as medidas necesarias que o PSOE foi incapaz de facer
“O Presidente do Goberno viuse na obriga de tomar medidas moitas veces impopulares pero todas elas para defender o interese xeral. Cumpriuse un ano de reformas necesarias, de austeridade e de rigor”- manifestou.
Daniel Vega falou das reformas necesarias que tomou o Presidente do Goberno neste ano e que os socialistas foron incapaces de facer.
“Mariano Rajoy reformou a administración introducindo austeridade e o rigor. Reducíu en casi un 20% as estructuras orgánicas da administración e tamén limitou as retribucións dos seus membros. Asemade tamén reducíu nun 20% a subvención dos partidos políticos e tamén está reducindo as empreas públicas e unificando os organismos supervisores” aseverou Vega.
Vega manifestou que neste primeiro ano de goberno popular, Mariano Rajoy gobernou a realidade, algo nada doado, xa que a realidade que se lle había planteado como país era totalmente ficticia e destacou a súa preocupación polos mozos
“Para combater a herdanza socialista dun fracaso escolar do 30%, a reforma céntrase en evaluar o rendemento e reforzar as asignaturas troncais. A formación Profesional Dual vinculará a formación coa práctica profesional”- recalcou.
Concluíu o Presidente provincial de NNXX afirmando que o Presidente do Goberno tomou medidas necesarias e en moitas ocasións moi difíciles pero nunca guiado por interés partidista senón para defender un interés xeral.