Burela, 21 de novembro de 2012. “As praias de Burela estanse preparando para o vindeiro verán, realizando obras que sen dúbida agradecerán os cidadáns e usuarios”, manifestou hoxe o alcalde de Burela, o popular José María González Barcia.
Recentemente, o Servicio Provincial de Costas do Estado construiu un acceso para discapacitados hasta o mesmo areal de Ril; anteriormente, tamén construira accesos á praia do Penaoural.
O equipo de goberno burelés ven de anunciar que Costas acondionará nas próximas semanas accesos e entornos a dúas praias de Burela, dando continuidade así a esa millora que se ven realizando desde hai un ano.
O rexedor burelés, José María González Barcia, xunto cos concelleiros de Medio Ambiente, Patricia López; de Turismo, Mónica Pedre; e de Obras, Manuel Fernández Valle, visitaron hoxe as zonas onde se realizarán as milloras, xunto co responsables da empresa TRAGSA, que será a encargada de executar os traballos.
Así, na praia de Penaoural vaise acondionar o entorno existente entre o espigón de muelle e o comenzo do paseo marítimo, para configurar unha especie de mirador, “deste xeito, gáñase espacio para disfrute dos cidadáns e reordénase unha zona na que abundaba a maleza”.
No tocante á praia de Portelo, vaise millorar sustancialmente o acceso ao areal desde a zona onde se colocan as casetas de servicios de socorrismo durante o verán, con elementos de pedra e madeira, acordes co entorno”.
Finalmente, tamén se acondicionará un paso peatonal existente entre a Avda. da Mariña e o paseo marítimo de Portelo, con elementos acordes co entorno.
González Barcia indicou que “estas actuacións, que non teñen uns grandes presupostos, son moi valoradas polos usuarios das praias, porque permiten usar espacios que antes non reunían as condicións idóneas para o seu disfrute, e tamén facilitar o acceso aos areais a máis persoas e a discapacitados”.
O rexedor engadiu que “na medida do posible, seguiremos acometendo obras similares, non expresamente no entorno das praias, para que a cidadanía poida gañar en espacios comúns”.