Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela pediulle ao goberno do Estado colaboración con Expomar

O ALCALDE PLANTEXÓULLE AO DIRECTOR GENERAL DE ORDENACIÓN PESQUERA A POSIBLE COLABORACIÓN DO GOBERNO CENTRAL COA VINDEIRA EDICIÓN DE EXPOMAR. SEGUNDO GONZÁLEZ BARCIA HAI INTERESE EN SEGUIR APOIANDO UN EVENTO DE RECOÑECEDO PRESTIXIO.

Burela, 16 de novembro de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, plantexóulle ao director general de Ordenación Pesquera, Andrés Hermida, a posible colaboración do Goberno Central na realización da vindeira edición da feira náutico pesqueira Expomar. Segundo Barcia hai interese en seguir apoiando un evento de renome e de recoñecida calidade.

O rexedor explicou que a xuntanza con Andrés Hermida foi “para plantexarlle a posible colaboración do Goberno Central, a través precisamente do Ministerio de Medio ambiente, Agricultura y Alimentación, na realización da edición da feira náutico pesqueira Expomar que terá lugar no terceiro fin de semana do mes de maio próximo en Burela”.

González Barcia indicou que “aínda que as competencias non son del directamente si mostrou un interese por que desde o Goberno Central se siga apoiando unha feira que ten xa un renome, unha recoñecida calidade e un prestixio dentro do sector náutico pesqueiro e seguramente que en próximas semanas vamos coñecer cal é o alcance desa colaboración que desde o Goberno Central se pode manter coa Fundación Expomar para a realización da feira”.

Desde o equipo de goberno son conscientes “de que a situación actual evidentemente non permite grandes alardes, pero por parte do propio ministerio existe un interese especial en seguir colaborando coa Fundación Expomar para a realización da feira e nós estamos completamente seguros de que esa axuda se vai materializar, ben dun xeito ou doutro, que iso é o que quedaron de estudar precisamente a partir de hoxe os técnicos da Secretaría General de Pesca para ver en que medida se pode canalizar esa colaboración que, por outra parte, para nosoutros, para a Fundación Expomar, é moi importante porque, sen dúbida ningunha, o apoio do goberno do Estado a Expomar o que lle dá é máis prestixio aínda si cabe”.

O alcalde de Burela tamén se reuniu en Madrid na xornada de onte co director general de Marina Mercante e co director general de Carreteras.

Exit mobile version