Site icon Crónica3.com A Mariña

Informes técnicos penalizan a ampliación da depuradora de Foz e Portos na autorizaría, asegura o alcalde

15 de Novembro de 2012. OS INFORMES TÉCNICOS INSISTEN EN PENALIZAR A AMPLIACIÓN DA ACTUAL DEPURADORA NO NÚCLEO URBÁN DE FOZ E PORTOS DE GALICIA NON A AUTORIZARÍA.

Javier Castiñeira, reuniuse cos Portavoces dos Grupos municipais do Concello de Foz e entregoulles as respostas que solicitaban dos técnicos de Augas de Galicia e a Empresa Concesionaria do servizo de depuración de Foz, e que coinciden de forma clara en penalizar a ampliación da actual que se ubica na zona Portuaria, como defendía a oposición.

Ademais para maior abundamento entregou un comunicado de Portos de Galicia opoñéndose taxativamente á ampliación da actual.

Respecto á pregunta de e que si se pode garantir que a nova ampliación non vai a desprender cheiros ou mal olor, así como garantir a contaminación cero para a ría, os técnicos de Augas de Galicia aseguran que aínda que a mellora respecto á situación actual será sustancial, non poden garantir a ausencia total de olores de ningunha depuradora, posto que de forma puntual poden xurdir problemas que impidan o normal funcionamento e dean lugar a malos olores.

Por este mesmo motivo, que pode haber olores puntuais, consideráronse na análise de impacto factores como a proximidade a núcleos de poboación e ventos dominantes que penalizan seriamente a opción urbana por afectar a moita máis poboación.

Os técnicos da Empresa concesionaria pronúncianse no mesmo sentido, apostando pola opción máis alexada da poboación, que é Sarrido, posto que non se garante que non aparezan olores nalgún momento dado.

Dicen tamén que as mareas afectan negativamente á actual implantación que introduce auga mariña na rede provocando unha maior descomposición da materia orgánica e xerando máis cheiros do normal, ademais de que o sistema de reactores cerrados coma o da actual aumenta a temperatura da materia, sobre todo en verán que coincide co maior volume de carga o que fai que se desprendan máis olores que unha solución aberta.

Por outro lado Portos de Galicia, é máis claro e resposta que non autorizaría a ampliación da depuradora, posto que é incompatible cos usos portuarios, e cren que os Portos non son os máis indicados para recibir este tipo de equipamentos sobre todo no novo plan de usos que se pretende para Foz.

Tamén coinciden os técnicos que é imposible garantir unha contaminación cero, posto que poden xurdir complicacións ou situacións extraordinarias. Neste caso, as tres posibilidades segundo augas de Galicia contemplan que os vertidos en situación normal serán o suficientemente respetuosos có medio, aínda que non se pode falar de contaminación cero.

Respecto a diferenza económica na explotación non é significativa, segundo Augas de Galicia o custe medio mensual por habitante para a ampliación da urbana é de 3,61 €, 3,73 € para Sarrido e 3,80 para Forxán e según a Empresa concesionaria a diferenza de custe de explotación entre elas, sería insignificante de 1,45 euros /habitante/ ano, co inconvinte de que na ampliación se estarían aproveitando instalación usadas que provocarían un custe adicional que non se contemplou.

A estas opinións hai que engadir que na última reunión da mesa local do comercio os comerciantes posicionaronse claramente en sacar do núcleo urbano a depuradora, agora que se pode, e os consumidores fiarse dos criterios que adopten os técnicos.

Polo tanto, despois de todos os estudios, informes e respostas solicitadas aos técnicos da Xunta e máis aos da empresa concesionaria, só queda que os Grupos Muncipais voten pola opción que crean convinte, e se fagan responsables das solucións que se tomen, posto que se levantará acta polo Secretario municipal da decisión adoptada, e da documentación existente, para que ninguén se leve a enganos.

Exit mobile version