Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG convoca unha concentración en Foz en favor da paz en Palestina

O BNG DA MARIÑA CONVOCA PARA O MÉRCORES EN FOZ UNHA CONCENTRACIÓN A FAVOR DA PAZ EN PALESTINA

Antonio Veiga chama aos mariñáns a manifestarse en contra da tortura á que está a ser sometido o pobo palestino

‘Os cidadáns debemos reclamar á Comunidade Internacional e ao Goberno español unha solución que remate con esta masacre’

Luns, 19 de novembro de 2012. O BNG da Mariña vén de convocar para o mércores 21 de novembro, ás 20:30 horas, diante da Casa Consistorial de Foz, unha concentración en contra dos bombardeos israelís contra o pobo palestino.

Para o responsábel comarcal do BNG, Antonio Veiga, ‘a Comunidade Internacional non pode seguir calada ante as agresións de Israel a Palestina, e por iso pido aos mariñáns que amosen o seu rexeitamento contra os bombardeos e toda acción violenta na franxa de Gaza saíndo mañá á rúa para reclamar a paz para o pobo palestino’.

Os nacionalistas expresan deste xeito a súa solidariedade coa poboación civil palestina e piden á Comunidade Internacional e ao Goberno de España que abandonen a súa pasividade ante a masacre que se está a vivir na franxa de Gaza, que condenen con contundencia estes ataques e fagan todo o posíbel para lograr unha solución política ao conflicto.

Exit mobile version