Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo pídelle ao PP que deixen de meterse a promotores urbanisticos xa que a última vez que o fixeron deixaron o unha débeda de 1,3 millóns de euros

O BNG PÍDELLE A VILLARES E BALSEIRO QUE DEIXEN DE METERSE A PROMOTORES URBANISTICOS XA QUE A ÚLTIMA VEZ QUE O FIXERON DEIXARON O CONCELLO CHEO OBRAS INACABADAS E UNHA DÉBEDA COA ENTIDADE LOCAL DE 1,3 MILLÓNS DE EUROS.

OS NACIONALISTAS LÉMBRANLLE A VILLARES E BALSEIRO QUE A RESPOSTA DO SEU PARTIDO NO GOBERNO DA DEPUTACIÓN EN 2005 SOBRE A AMPLIACIÓN DO MUSEO DO MAR FOI PEDIRLLE AO CONCELLO QUE MERCARA OS TERREOS ANEXOS E A PARTIR DE 2007 CO CAMBIO DE GOBERNO NA DEPUTACIÓN DEDICÁRONSE A BOICOTEAR ESA AMPLIACIÓN.

O BNG DE CERVO ASUME QUE NESTE MOMENTO HAI QUE PRIORIZAR O GASTO EN CUBRIR AS NECESIDADES SOCIAIS E NON EN PAGAR POR RIBA DO QUE VALEN TERREOS QUE O GOBERNO MUNICIPAL DE CERVO PUIDO CUALIFICAR COMO DOTACIONAIS SE FIXERA OS DEBERES CO PXOM.

Cervo, 9 de novembro de 2012. O BNG de Cervo saíu ao paso das declaracións do alcalde e Tte. de Alcalde de Cervo en relación á ampliación do Museo Do Mar acusando aos edís populares volver á súa faceta de promotores urbanísticos e alertaron que cada vez que estes dous Srs. entran nesta faceta deixan o concello cheo de obras inacabadas e débedas coa facenda municipal como a de Pasillo Verde por importe de 1,3 millóns de euros. Os nacionalistas cuestionan o interese do PP na ampliación do Museo do Mar xa que ademais de boicotear a súa ampliación metendo paus nas rodas no período de negociación cos propietarios dos terreos anexos, negan a posibilidade dunha ampliación eventual e en 2005 cando gobernaban a Deputación Provincial unicamente asumían unha hipotética ampliación si o concello de Cervo mercaba os terreos e os poñía a disposición do ente provincial nas condicións urbanísticas axeitadas. Dende o BNG lembran que o futuro PXOM de Cervo recolle os terreos anexos ao museo como solo dotacional e por tanto impedirían a suposta edificación para usos privados pero os mandatarios municipais teñen bloqueada a súa redacción dende o ano 2004.

Priorización do gasto para cubrir as necesidades sociais que o PP cos seu recortes deixa ao descuberto e non malgastar o diñeiro público en fincas que valen moito menos do que se pide por elas.

O BNG de Cervo asume que nun momento de crise como o actual as administracións públicas non están para grandes investimentos, moito menos para pagar a prezos de 2007 o que hoxe vale a metade. Neste Sentido consideran os nacionalistas que a priorización do gasto pasa por cubrir na medida das posibilidades e competencias, as necesidades sociais que o PP deixa ao descuberto cos recortes masivos aplicados por este partido nos últimos tempos, aínda que isto supoña aparcar provisionalmente vellas demandas como a ampliación do Museo do Mar que o PP por certo nunca quixo asumir. Con todo dende o BNG de Cervo comparten que o Museo do Mar precisa unha ampliación e pregúntanse cal é o motivo polo que o goberno local sendo propietario das instalacións non pide axuda á Xunta de Galiza para buscar a colaboración de varias administracións.

Cada vez que Villares e Balseiro falan de urbanismo hai que poñerse a temblar.

Os nacionalistas pedíronlle a Balseiro e Villares que non volvan meterse na súa faceta de promotores inmobiliarios como xa fixeron entre en anos anteriores porque en Cervo xa coñecemos as consecuencias: centos de pisos inacabados e unha débeda co concello de 1,3 millóns de euros deixada pola inmobiliaria Pasillo Verde. Nesta mesma liña acusaron a ambos mandatarios do PP de ter paralizada a redacción do PXOM durante os últimos oito anos que de terse aprobado non permitiría ningunha ameaza de edificación nos terreos anexos ao Museo do Mar por estaren cualificados como solo dotacional, pero disto ao Sr. Villares e ao Sr. Balseiro non lles interesa falar.

O PP no goberno da Deputación nunca quixo mercar os terreos, pedíalle ao concello que o fixera.

Tampouco lles interesa a estes dous mandatarios do PP falar de que a resposta do seu partido en relación á ampliación do museo mentres gobernou a Deputación sempre foi negativa, a resolución da Xunta de Goberno da Deputación de 5/05/05 diante da petición do pleno municipal de Cervo para a ampliación foi que o concello mercara os terreos anexos e os puxera a disposición da entidade provincial nas condicións urbanísticas axeitadas e despois xa se vería. Neste sentido dende o BNG non permiten que os dous mandatarios do PP cervense dean leccións sobre protección do patrimonio cultural xa que eles son responsábeis directos da desfeita ocasionada no Castro marítimo da Atalaia en 2007.

Exit mobile version