Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo cultural Buril organiza en Burela unha Xornada pola Dignidade cun magosto e un Des-Concerto Expansivo

O Colectivo Cultural Buril organiza unha Xornada pola Dignidade para o próximo sábado, 1 de decembro, na praza de Abastos de Burela, a partir das 19:00 horas. A xornada comezará con un Magosto Popular, onde se repartirán castañas asadas de balde a todas as persoas asistentes. Às 22:00 horas, lera-se un manifesto simultáneo e às 22:30 horas, dará comezo o Des-Concerto Expansivo a cargo das agrupacións Marosa Jazz Project, Medio Quinhón, Skohlma e The Broken Revenge. Os concertos serán de balde e serviran-se bebidas a prezos populares.

Con esta actividade, o Buril quere suma-se ao Des-Concerto Expansivo programado pola plataforma socio-cultural Burla Negra, coincidindo co 10º aniversário da Marea da Dignidade que enchia as rúas de Compostela o 1 de decembro de 2002, para protestar ante a incompeténcia das persoas responsábeis pola nefesta xestión na catástrofe ecolóxica do petroleiro Prestige nas costas galegas.

Dez anos despois, quére-se rememorar o célebre Concerto Expansivo que tiña lugar o 1 de Febreiro de 2003, no que se celebraron mais de 150 actuacións musicais, teatrais, plásticas e audio-visuais simultáneas por toda a Galiza. Tal como informa a Burla Negra desde o seu web, tráta-se dunha iniciativa aberta a toda formación musical, teatral ou artística en réxime de auto-organización e a todas as salas, bares, espazos, colectivos… que se queiran sumar.

Exit mobile version