Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela aprobará en pleno o 80% das alegación dos veciños ao PXOM

NO PLENO DA VINDEIRA SEMANA SOMETERÁNSE A APROBACIÓN A ESTIMACIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS AO PXOM. EN TOTAL OS VECIÑOS PLANTEXARON 369 DAS QUE SE ATENDEN TOTAL OU PARCIALMENTE O 81’3%.

Burela, 22 de novembro de 2012. No pleno do vindeiro 29 de novembro someteránse a aprobación a estimación das alegacións presentadas ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. En total os veciños plantexaron 369 das que, de xeito total ou parcial, se estiman 300, segundo os datos facilitados este mediodía polo alcalde, José María González Barcia.

Na comisión de seguimento do PXOM celebrada hoxe “se informou aos distintos grupos políticos das liñas xerais e da metodoloxía que se ten seguido para a resolución das 360 alegacións que se teñen presentado. Entendemos que os criterios seguidos son coherentes, foron marcados polo equipo redactor e esto permítenos atender total ou parcialmente o 81% de todas as alegacións plantexadas. Pensamos que é unha porcentaxe bastante elevada”, explicou o rexedor.

González Barcia sinalou que “nese sentido no pleno do vindeiro 29 de novembro incluiráse na súa orde do día a estimación das alegacións presentadas polos cidadáns”.

Das 369 alegacións se van estimar de forma completa 222, e de xeito parcial 78. É decir se estiman en total 300 alegacións. O equipo de goberno considera que “se trata dunha cifra moi importante, que ven ser o 81’3%. Dese dato se estiman completamente o 74%”. Do total das alegacións presentadas 329 corresponden a suelo urbano das que se estiman 286 prácticamente o 87% e se desestiman 43. E a suelo urbanizable e rústico plantexáronse 34 das que se estiman 8 e se desestiman 26.

O alcalde bureles indicou que “o traballo feito é serio e riguroso”. E como novidade engadiu que “no que se refire á estimación das alegacións tamén se inclúe unha proposta de catalogación distinta á que no seu día nos comunicou a Consellería de Cultura. Boa parte das alegacións presentadas polos propietarios das vivendas afectadas pola catalogación feita por Patrimonio verán atendidas e estimadas as mesmas”. González Barcia manifestou que “desde o Concello e desde o equipo redactor fundamentalmente se fixo un traballo centrado en consensuar os intereses particulares, que lóxicamente ten todo veciño, cos intereses xerais que tamén entendemos que deben terse en conta á hora da redacción dun PXOM, que permitirá que Burela conte cun documento urbanístico que garanta o seu futuro nos próximos 15 ou 20 anos”.

Exit mobile version