Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo organiza unha actividade de de humor e concurso na Casa do Concello para o domingo 11

Cervo vivirá unha tarde de humor, sketches e concursos coa recreación do programa televisivo Land Rover

-Será este domingo día 11 ás 18:00 h. no salón de actos da Casa do Concello

Cervo, 9 de novembro de 2012-A vila de Cervo atopará este domingo (18:00 h.) o salón de actos da Casa do Concello convertido nun plató de televisión onde se simulará a emisión do programa de televisión da TVG Land Rover. Con esta iniciativa, que estará cargada de escenas cómicas, o Concello continúa na liña do entretemento iniciada hai un mes coa recreación do Un, dous, tres…responda outra vez. A edil de Cultura, Begoña Alonso explica que “la imitación de programas que intercalan actuaciones con concursos nos parecen muy interesantes ya que resultan muy participativos y requieren de la colaboración del público, que es precisamente lo que buscamos, que se impliquen y que lo pasen bien”.

Neste caso a colaboración dos asistentes será clave, xa que durante todo o programa sucederanse os concursos, que se desenvolverán con voluntarios saídos do público. Ademais de participar e de ser parte protagonista, os concursantes tamén optarán a premios, que neste caso foron doados por Alcoa. Son varias as probas que se realizarán, entre elas haberá unha musical e outra relacionada co coñecemento mutuo entre homes e mulleres. Xunto aos concursos hai preparados varios sketches que servirán de respiro cómico entre proba e proba.

Esta recreación do Land Rover está incluída na programación do Outono Cultural, que se prolonga ata finais do mes de novembro e que inclúe numerosas actividades dirixidas a público infantil e adulto e que está centrada en aspectos típicos do outono así como en poñer en marcha actos e eventos de entretemento.

Exit mobile version