Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz imparte un curso de socorrismo para o certificado de profesionalidade

O concello de Foz Imparte un curso de Socorrismo subvencionado pola Xunta de Galicia.

A 20 de novembro de 2012.O Alcalde de Foz visitou aos participantes do curso de socorrismo que o Concello de Foz está realizando dende o 17 de outubro ao 15 de decembro.

O curso de socorrismo de 388 hras financiado integramente pola consellería de traballo e Benestar, é o primeiro que se realiza con base na nave municipal do concello que se acreditou recentemente para impartir varias especialidades.

Ademais deste curso o Concello centrará na mesma nave a sede da próxima escola obradoiro “Punta Ventoeira” concedida pola mesma consellería que dará comezo en xaneiro do 2013 unha vez se faga a selección previa de director, profesores, secretario e alumnos no mes de decembro.

Os Alumnos do curso de socorrismo reciben as prácticas na piscina municipal de Foz, onde estiveron co alcalde, mostrando estar satidfeitos co trnascuso do curso, ademáis foron dotados con diferente material lectivo, roupa e equipamento que lles garante un perfecto aprendizaxe, e que tamén é financiado pola Xunta de Galicia invirteu no curso máis de 38.600 €.

Con este curso os alumnos conseguirán o certificado de profesionalidade, que lles permitirá poder exercer como socorrista en calquera instalación ou piscina ou praia con total garantía e que será necesario e imprescindible para exercer nun futuro próximo.

Exit mobile version