Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo expón a relación de afectados pola instalación do parque eólico do Mondigo

NO CONCELLO ATÓPASE EXPOSTA AO PÚBLICO A RELACIÓN DE AFECTADOS POLA INSTALACIÓN DO PARQUE EÓLICO MONDIGO.

Ribadeo, 28 de novembro de 2012. No Concello atópase en exposición pública a relación dos afectados pola instalación do parque eólico Mondigo.

A xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo está a tramitar o expedente polo que se somete a información pública, para a declaración de utilidade pública, das instalacións comprendidas no proxecto parque eólico Mondigo.

En total son 16 os propietarios de terreos afectados pola imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, que dispoñen de 20 días para comparecer, co fin de entender as sucesivas dilixencias, na súa condición de expropiados. Desde a Xunta advirten que de non comparecer no expedente o propietario ou persoa interesada nos predios a que se refire o edicto, que se atopa exposto ao público no Concello de Ribadeo, continuaránse as dilixencias co Ministerio Fiscal, en virtude do establecido no artigo 5 da Lie de Expropiación Forzosa de 1954.

O alcalde, Fernando Suárez, sinala que “como noutras ocasións, o goberno municipal quere darlle a maior difusion a esta exposición pública para coñecemento xeral, dado que aos taboleiros de anuncios dos Concellos moita xente non acude, aínda que a fórmula é válida legalmente”.

Exit mobile version