Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros empeza o mércores talleres para persoas maiores

O VINDEIRO MÉRCORES, 7 DE NOVEMBRO, DARÁN COMEZO OS TALLERES PARA A TERCEIRA IDADE QUE ORGANIZA O CONCELLO DE BARREIROS.

Barreiros, 5 de novembro de 2012. O Concello de Barreiros, a través do Departamento de Servizos Sociais, organiza talleres para persoas maiores do municipio. Empezarán este mércores, día 7 de novembro, e vanse desenvolver no centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme, os luns, martes e mércores de catro a seis da tarde.

Os talleres van destinados aos veciños e veciñas de Barreiros maiores de 65 anos, a xubilados maiores de 60 anos e a persoas con discapacidade que se consideren idóneas para participar nesta actividade.

Segundo explican desde a Delegación de Servizos Sociais, “esta iniciativa consiste no desenvolvemento de xornadas lúdicas e de aprendizaxe coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento dando a coñecer as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo. Haberá actividades nas que se traballará a memoria, a atención, a concentración, a psicomotricidade, a grafomotricidade e as áreas sensorial, motriz e da linguaxe. Potenciaranse tamén en todo momento as relacións sociais entre os veciños e veciñas barreirenses”.

Os interesados en anotarse deben pasar polo centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro durante o horario de celebración dos talleres. En función da demanda e do número de asistentes si é preciso faranse grupos.

Exit mobile version