Fin de semana de dobre enfrontamento comarcal en categorías base contra o Viveiro C.F. e unha vitoria para cada equipo.
Así os INFANTIS xogaron o sábado no Martinez Otero ante os viveirenses que se mostraron superiores sobre todo na primeira metade, onde acadaron os dous goles que a larga lles darian os tres puntos.Os de Burunda notaron moito as ausencias de Iñaki e Toni, e apenas crearon ocasións de gol.
O dominio foi do Viveiro e o resultado hai que consideralo xusto.O domingo foron os CADETES os que se desprazaron a cidade do Landro, para xogar un partido que enfrontaba os dous primeiros clasificados da categoría.
Partidazo o que se veo no Municipal do Cembedo, con dous equipos xogando de poder a poder.O primeiro tempo acabou sin goles con un Viveiro que foi un pouco mellor no terreo de xogo que os focegos.Na segunda parte os viveirenses adiantaronse no marcador o pouco de soar o pitido do colexiado, pero os de Oke reaccionaron enseguida, e Antón Eijo logrou acadar o empate nunha xogada a contra.
En definitiva gran partido entre quizais os dous millores equipos da categoría.A seguir así e sempre.
FOTOS: Equipos do C.D.Foz e o Viveiro C.F. que se enfrontaron no derbi comarcal na categoría cadete.