O Outono de Teatro en Alfoz leva xa celebrándose uns cantos anos e reúne a importantes grupos de teatro da zona da Mariña Lucense e incluso de fóra de Galicia.
Na organización do evento colaboran a Delegación de Cultura do concello de Alfoz e o Grupo Teatral Raiolas, o cal, a parte de actuar todos os anos, é o que proporciona o resto das actuacións ó contactar cos outros grupos de teatro e conseguir a súa asistencia. Trátase dunha actividade cultural con moito éxito no concello, terra de grandes actores, e unha das máis populares de entre as que se organizan ó longo do ano no concello.