Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro de Ribadeo representará Lisístrata en Riotorto

Será o sábado, 10 de novembro, ás 21.00 h na casa da cultura de Riotorto. A representación está enmarcada en Buxiganga, o circuíto de teatro afeccionado da Deputación Provincial de Lugo. As seguintes actuacións do grupo van ser o día 24 de novembro tamén ás 21.00 horas en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) e o día 16 de decembro ás 20.30 horas en Ribadeo.

Exit mobile version