Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Mondoñedo atende de veciños do rural, agradece a Santa María Maior o respaldo electoral e asesora aos veciños

O Partido Popular de Mondoñedo atende ás necesidades dos veciños do rural

O PP agradece a Santa María Maior o amplo respaldo electoral de preto do 80% e asesora aos veciños sobre os asuntos de importancia para a parroquia

Membros do PP local mantiveron onte unha xuntanza con veciños de Santa María Maior para tratar asuntos de importancia para o pobo “un dos grandes esquecidos polo equipo de goberno municipal”

A portavoz agradeceu a porcentaxe de apoio de preto do 80% nas eleccións municipais e trasladoulles que a pretensión do seu partido é a de continuar traballando para os mindonienses en consenso cos veciños

Mondoñedo, 15 de novembro de 2012- Membros do Partido Popular de Mondoñedo mantiveron onte unha xuntanza con veciños da parroquia de Santa María Maior para tratar asuntos de importancia para o pobo. A portavoz do PP na localidade, Elena Candia, explicou que a pretensión do seu grupo é dar resposta ás necesidades que lles trasladan dende esta parroquia mindoniense “unha das grandes esquecidas polo equipo de goberno municipal”.

A portavoz popular amósase crítica coa actitude emprendida polo rexedor local. Orlando González, que durante o seu mandato non está a cumprir co seu compromiso de xestor nin está a procurar solucións ás problemáticas nin a dar resposta ás necesidades que lles están a trasladar dende a parroquia de Santa María Maior. Mostra desta deixadez do goberno, a popular recorda os problemas en torno a recollida de vasoira e a falta de colectores que o pobo sufriu durante tempo e máis tendo en conta que nesta anualidade o investimento nesta zona resúmese a cero euros.

Durante a xuntanza, Candia tamén agradeceu aos veciños da parroquia o elevado porcentaxe de apoio que o partido que preside na localidade obtivo durante estas últimas eleccións municipais . En concreto, o 79,50% dos votantes nesta mesa electoral, trasladáronlle o seu respaldo aos populares. A popular pediulle a Orlando González que estes resultados non sexan a base para continuar coa discriminación que está a manter con esta parroquia, xa que para Candia “o deber dun rexedor é gobernar o seu concello e escoitar a todos os seus veciños independentemente das ideas políticas”. “A xestión dos recursos públicos debe disvincularse da politización”, explicou.

Asesorar aos veciños e procurar un contacto directo coas asociacións do rural para ter coñecemento das súas necesidades é a liña de traballo que está a seguir o Partido Popular dende que deu comezo esta lexislatura. Neste senso, a portavoz do PP local reincidiu nesta pretensión de escoitar e atender ás demandas dos veciños no máximo posible e en función das súas posibilidade e responsabilidades municipais.

Exit mobile version