Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP anuncia axudas apara os centros comerciais abertos de Viveiro e Ribadeo

O departamento autonómico que dirixe o popular Javier Guerra busca fortalecer a actividade comercial nas principais vilas da Mariña lucense

BALSEIRO SALIENTA A ACHEGA DE MÁIS DE 85.000 EUROS PARA OS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS DE VIVEIRO E RIBADEO E PARA A PRAZA DE ABASTOS DESTA ÚLTIMA LOCALDIADE PARA IMPULSAR A SÚA FUNCIÓN COMO AXENTES DE APOIO DA ACTIVIDADE COMERCIAL

As axudas da Xunta queren “incentivar e transmitir os valores de calidade e proximidade do comercio tradicional” e están dirixidas a financiar campañas de promoción comercial e os investimentos que se poidan levar a cabo para a rexeneración destes espazos.

Santiago 29 de xullo de 2012.- O secretario do Parlamento de Galicia e Deputado, Jose Manuel Balseiro, salientou hoxe a achega por parte da Consellería de Economía e Industria de máis de 85.000 euros en axudas autonómicas para impulsar a actividade dos centros comerciais abertos de Viveiro e Ribadeo e da praza de abastos desta última localidade como axentes de apoio e dinamización da actividade comercial.

As axudas recibidas con cargo ao programa de subvencións destinadas a mellorar a competitividade destas organizacións comerciais queren servir para fortalecer a actividade comercial nas principais vilas da Mariña lucense

En Ribadeo, Economía e Industria investiu só neste concepto durante o ano en curso 38.994,55 euros destinado ao Centro Comercial Aberto e 6.137,34 máis para a praza de abastos. A estos importes teríamos que engadir outros moitos, que se achegarían á contía superior aos 120.000 euros en distintos apoios á actividade de promoción comercial.

No tocante á cidade do Landro, o Centro Comercial Aberto de Viveiro recibirá só por este concepto –dinamización, revitalización e apoio comercial- 40.005 euros aos que sumaríamos outras axudas.

APOIAR O COMERCIO DE PROXIMIDADE E TRADICIONAL

Balseiro asegurou que tanto as Prazas de Abastos como os Centros Comerciais Abertos teñen un posicionamento estratéxico no desenvolvemento do comercio galego. Por iso dende a Xunta de Galicia desenvolven estas axudas dirixidas a “apoiar e transmitir os valores de calidade e proximidade do comercio tradicional”. O parlamentario indicou que os centros comerciais abertos contan co incondicional apoio da Goberno autonómico posto que representan estes valores, potenciando a prestación de servizos e a atención personalizada ao cliente.

De acordo coas liñas estratéxicas deseñadas pola Consellería de Economía e Industria, o apoio ás prazas de abasto ten o obxectivo de financiar, dinamizar e rexenerar estes espazos, incluíndo a promoción de instalacións e equipamentos e o apoio á contratación dun xerente para o desenvolvemento das tarefas de coordinación e orientación, ligadas a un proxecto de dinamización do mercado, función que poderá desempeñarse de xeito compartido entre varias prazas.

Neste programa de promoción das Prazas de Abastos, foméntase tamén a creación de sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos aos clientes que supoñan unha vantaxe para estes, así como a sinalización e a dinamización comercial

A estas axudas poden acollerse todas as entidades comerciais que desenvolvan a súa actividade a través de prazas de abastos ou de centros comerciais abertos, tal como neste caso aconteceu, previa solicitude dos actuais beneficiarios

Exit mobile version