Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela explicaralle a súa militancia as liñas básicas de traballo para os vindeiros meses

O PP burelés valora resultados e fixa liñas de traballo cos seus afiliados.

Celebra asamblea o vindeiro martes día seis.
Os populares agradecen o apoio recibido o pasado día 21.

Burela, a 3 de novembro de 2012.- O Partido Popular de Burela vén de convocar á súa militancia a unha asamblea que celebrarán o vindeiro martes, día seis, ás oito da tarde, na antiga biblioteca co obxectivo de explicarlle ós afiliados e simpatizantes a valoración que no seu día fixo o comité local e para aprobar o deseño das liñas básicas de traballo para os vindeiros meses.

O pasado día 24, o comité local dos populares bureleses, que preside José María González Barcia, fixo unha valoración dos resultados centrándose básicamente na provincia de Lugo e no concello burelés. O 51% de votos acadados sobre o total de emitidos en Burela fan que os populares reafirmen o seu compromiso de traballar para cumplir e atender a responsabilidade depositada polos cidadáns. Desde o partido admiten que a partires de agora hai que redoblar os esforzos e o traballo para manter a confianza en base ós proxectos que o PP quere materializar en Burela.

Nesa mesma reuniòn, os populares marcaron liñas básicas de traballo en dous ámbitos: por un lado, o Grupo Municipal, que baseará o seu traballo en acelerar cuestións que están sobre da mesa, e tentar facer unha xestión rigurosa e seria en función do momento que se está a vivir. Por outro, o propio partido, que deberá canalizar os seus esforzos para implicarse ainda máis na sociedade, sen esquecer a coordinación co grupo municipal, básica nestes momentos.

Estas cuestións serán dadas a coñecer ós afiliados e simpatizantes que asistan á reunión do vindeiro martes, que ademais deberán ratificalas ou facer os engadidos que estimen oportunos.

Desde o PP, destacan que esta será a cuarta convocatoria do presente ano cos afiliados e simpatizantes, o que demostra que a agrupación local do PP en Burela aposta polo dinamismo e por contar de forma permanente coa opinión dos afiliados.

Finalmente, desde o PP de Burela agradecen o caudal de apoio recibido o pasado día 21, o 51% dos votos emitidos, que fan que o PP sexa o partido que leva gañadas todas as citas electorais desde as municipais de 1991, estas tamén incluidas contando as mesas de Burela. Os populares aseguran que traballarán para non defraudar a quenes os apoiaron, e tamén para traballar polo conxunto da cidadanía.

Exit mobile version