Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pídelle ao alcalde maior implicación para a potenciación do sector turístico

Os populares recórdanlle ao equipo de goberno a responsabilidade que ten de materializar un proxecto que ilusione e de liderar as iniciativas necesarias

O PP de Mondoñedo pídelle ao alcalde maior implicación para a potenciación do sector turístico na localidade

Os populares propoñen que o concello, por ordenanza municipal, ordee os recursos turísticos e xere un produto a divulgar entre turistas e visitantes para incrementar as súas visitas e incrementar as súas estancias

O Partido Popular de Mondoñedo mantivo onte unha nova reunión na que participaron empresarios da localidade, co obxectivo de acadar propostas concretas na mesa para o desenvolvemento do turismo en Mondoñedo, que se celebrará en breve

A portavoz local cualificou este tipo de xuntanzas de “necesarias e produtivas” e asegura que froito das reunións mantidas “teñen un proxecto para a localidade”, que están a consensuar

O Partido Popular deste xeito pon en común as iniciativas e as súas propostas, representativas de quen creeu no turismo como o seu medio vida

Mondoñedo, 17 novembro de 2012.- O Partido Popular de Mondoñedo mantivo onte unha nova reunión con empresarios da localidade co obxecto de acadar conclusións e propostas a plantexar na mesa para o desenvolvemento do turismo en Mondoñedo, que se celebrará en breve.

A portavoz do PP local, Elena Candia, explica que o seu grupo político ten un proxecto para mellorar Mondoñedo. A popular di que a responsabilidade de liderar as iniciativas correspóndelle ao equipo de goberno, pero non por iso “imos deixar de traballar dende o lugar que ocupamos para materializar o noso compromiso cos mindonienses, que nos fixeron gañadores das eleccións e intentar cumprir deste xeito o noso programa electoral”.

Candia asegura que o turismo ten futuro en Mondoñedo, ao tempo que resalta as posibilidades turísticas locais, ás que non se lles está a sacar rendemento, deixando así de lado “un sector cun enorme potencial de explotación económica na zona”. Con esta iniciativa e escoitando aos mindonienses que investiron e que viven deste sector, representativos de asociacións deportivas e culturais, e que coñecen as posibilidade e os recursos sen explotar da localidade; os populares están a acadar unhas conclusións prácticas e operativas, que podan arrancar no ano 2013.

O Partido Popular agradece especialmente o traballo desinteresado e implicación desta xente, que en cada reunión demostra o seus coñecementos e os seus intereses, e sobre todo a súa confianza en que Mondoñedo pode ter futuro.

Deixadez municipal en materia turística

Conscientes do potencial da localidade, o PP amosase crítico coa pasividade do bipartito e a falta de eficiencia na súa xestión. A popular asegura que o equipo de goberno cada día dá máis mostras de que “non ten proxecto, non ilusionan e semella que o único obxectivo e perpetuarse no sillón”.

Concretando na área de turismo, os populares exemplifican esta deixadez no reducido horario de atención ao público da oficina de turismo municipal, así como na carencia municipal na prestación de servizos turísticos, que permitan alongar a estancia dos visitantes no municipio e con elo fomentar a empregabilidade hostaleira e as actividades vinculantes en Mondoñedo.

Candia lembra que o Grupo Popular local lle solicitou ao bipartito que se dote da normativa precisa e que preste visitas guiadas pola localidade xunto cunha planificación de actividades que conleven o desenvolvemento do turismo como fonte de riqueza. A popular explica que existe a posibilidade de que mediante unha ordenanza municipal o concello, suplindo a carencia dunha iniciativa privada, constrúa un produto turístico, que ofreza un desenvolvemento ordenado dos “nosos recursos e facilite a chegada de turisticas á localidade a prolongación da súa estancia na mesma”

Exit mobile version