Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo alégrase de que o alcalde recoñeza a deplorable situación do Parque do Mineral

Logo de que os populares denunciaran o mal estado do Parque do Mineral e que a instancias das súas críticas o goberno municipal actuase na zona

O PP de Ribadeo alégrase de que o Señor Suárez Barcia recoñeza a deplorable situación do Parque do Mineral pero pide que actúe con seriedade

A colocación de cintas de emerxencia atadas a pivotes de madeira non garante a seguridade dos cidadáns polo que este entorno continúa sendo moi perigoso

Estas actuacións son outra mostra máis das chapuzadas de Fernando Suárez, ás que están acostumbrados, desgraciadamente, os cidadáns de Ribadeo

Ribadeo, 29 de novembro de 2012.- Logo das denuncias dos populares e vistos os conseguintes movementos levados a cabo no parque do mineral de Ribadeo, o Presidente do PP ribadense, Jesús López Penabad, mostra a súa satisfacción polo feito de que o Señor Suárez Barcia, escoitase as propotestas do PP, dándose conta da deplorable situación deste entorno e da conseguinte perigosidade pero asegura que estas actuacións non son serias xa que non solucionan a problemática.

“A instancias dos populares, Fernando Suárez, decide actuar no Parque do Mineral. Témome que son unhas actuacións que continúan na súa liña de traballo: chapuzadas, colocación de algúns detalles para enganar aos veciños, dándolles a ver que se vai actuar cando en realidade son expectativas falsas, e por último, cando ve que non da cumprido co prometido, que xa sabía dende o primeiro momento, emprega o víctimismo. – afirma Jesús López Penabad, quen engade que nesta ocasión, o rexedor coloca uns pivotes para atar unha cinta de emerxencia, dando a impresión que nos atopamos ante unha finca cerrada.

Os populares afirman que colocar esos elementos e nada é o mesmo, xa que non impiden a perigosidade no lugar

“Calquera cidadán que acuda ao entorno pode caer polo desnivel xa que sigue sin contar cun sistema de seguridade. Son actuacións sen sentido, deficientes e nada serias, que non solventan o problema de perigosidade existente no parque do mineral”- manifesta.

López Penabad insta ao rexedor ribadense a que se deixe de “parafernalias”, a que actúe con seriedade e non agarde a que pase unha desgracia.

Exit mobile version