Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo di que tenb encontros para coñecer as necesidades dos cidadans

A diferenza do Señor Suárez, quen se reúne cos cidadáns para proxectar a súa imaxe, os populares mantemos encontros para coñecer as súas necesidades

. López Penabad e Vega, a quenes o señor Suárez Barcia tacha de personaxes, mostran o seu orgullo por pertencer a esta forza política, elexida nestas eleccións para gobernar Galicia e cuns resultados exitosos en Ribadeo

. O grado de nerviosismo do Señor Alcalde fai que incluso algunha vez, coma a de onte, falte ao respecto

. Outra falta de xestión e pasividade por parte do Equipo de Goberno de Ribadeo, vese reflectida na perda do obradoiro de emprego, que daría lugar a 45 postos de traballo durante 6 meses. Tendo en conta a actual situación económica, o feito é máis preocupante

Ribadeo, 21 de novembro de 2012.- O PP de Ribadeo lanzou hoxe duras críticas contra o rexedor ribairense logo das súas declaracións verquidas aos medios de comunicación.

“Percibimos un certo grado de nerviosismo por parte do señor Fernando Suárez. Parece que lle molesta que os populares queiramos coñecer de primeira man os problemas e as necesidades dos ribadenses. Se él mantén xuntanzas só para proxectar a súa imaxe e actuar con víctimismo e nos as mantemos só co único obxectivo de coñecer os problemas dos ribadenses, non é o noso problema”.

Os populares de Ribadeo afirman que a súa visita ao asilo foi para coñecer as necesidades e preocupacións dos cidadáns e insisten na necesidade dun cadro eléctrico e dunha escaleira de emerxencia, algo que tiña previsto facer o PP cando estaba no goberno e que o seu equipo tirou ao lixo cando chegou a alcaldía, malia a estar en etapa de bonanza.

OUTRA MALA XESTIÓN E NEGLIXENCIA DE SUÁREZ BARCIA

Os populares de Ribadeo lembran que a mala xestión e a neglixencia por parte do señor Suárez Barcia foi o causante de que o concello non conte cun obradoiro no que se lle daría emprego a 45 cidadáns durante seis meses.

Conclúen os populares, que tendo en conta a actual situación económica, que está a atravesar o país, debido a mala xestión dos gobernos anteriores, o feito ainda é máis preocupante.

Exit mobile version