Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo interesase polas necesidades do asilo de anciáns durante unha visita ao centro

O PP de Ribadeo preocúpase por das solucións ás demandas sociais

O Partido Popular de Ribadeo interesase polas necesidades do asilo de anciáns durante unha visita ao centro

Membros do PP intercambiaron impresións coas monxas que se fan cargo do asilo de anciáns de Ribadeo co obxecto de coñecer as súas demandas

Para os populares, é de especial vitalidade garantir un entorno e domicilio nas mellores condicións posibles para os residentes

Os populares de Ribadeo están a visitar asociacións e institucións tanto do casco urbano como do rural para facerse unha visión conxunta das problemáticas da localidade e traballar a prol da súa solución

Ribadeo, 16 de novembro de 2012.- Membros do Partido Popular de Ribadeo visitaron na tarde de onte as instalacións do asilo de anciáns da localidade, co obxecto de coñecer as necesidades do ente social e intercambiar impresións coas monxas que se fan cargo do centro.

O presidente do PP local, Jesús López Penabad, acompañado do número dous da executiva, Daniel Vega, así como do concelleiro popular de Servizos Sociais, Manel Yánez e da tamén membro da xestora, Mari Paz Ramo,s mantivounha xuntanza coa madre superiora encargada de dirixir a institución.

Durante a reunión os membros do PP interesáronse polas necesidades cuxo cumprimento máis demandan dende o asilo de anciáns do municipio. Segundo explicou Jesús López Penabad, unha das prioridades que lle trasladaron as relixiosas e que require unha solución urxente é a de dotar ao centro dunha escaleira exterior de incendios.

Segundo asegurou Jesús López Penabad, para o Partido Popular é de especial vitalidade garantir un entorno e domicilio nas mellores condicións posibles para os residentes. Polo que esta reunión, serviu de base para coñecer de primeira man as problemáticas do centro e traballar “a partir dagora na procura dunha resposta”, reincidiu.

Os populares de Ribadeo están a visitar asociacións e institucións tanto do casco urbano como do rural para facerse unha visión conxunta das problemáticas da localidade e traballar a prol da súa solución.

Exit mobile version