Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo reúnese coas AA.VV. para estudar o traballo a realizar e coñecer as demandas dos veciños

A coordinación e o consenso entre o PP e os veciños son as liñas de traballo a seguir polo partido local

O Partido Popular de Ribadeo reúnese coas AA.VV. para estudar o traballo a realizar nas diferentes parroquias e coñecer de primeira man as demandas dos veciños

A través destas xuntanzas, os populares procuran tanto resolver dúbidas en relación ás medidas que se están a levar a cabo polas administracións como coñecer as necesidades trasladadas dende o rural e estudar a súa resolución

Tras reunirse cos veciños de Cedofeita e Covelas, membros do PP manterán novas xuntanzas coas asociacións das Anzas, da Devesa e de Piñeira

Os populares procuran traballar ao servizo dos ribadenses en contraposición á actitude propagandística e carente de responsabilidade posta de manifesto polo rexedor nacionalista esta semana

Ribadeo, 14 de novembro de 2012.- O Partido Popular de Ribadeo emprende unhas pautas de traballo caracterizadas polo consenso e a coordinación entre o Partido Popular e as asociacións veciñais da localidade. Para elo, está a manter xuntanzas coas Asociacións Veciñais das distintas parroquias de Ribadeo, tanto para resolver dúbidas en relación ás medidas que se están a levar a cabo polas administracións como para coñecer as demandas trasladadas dende o rural e estudar a resolución dos problemas que lles trasladen.

Esta rolda de contactos iniciouse na parroquia de Cedofeita e continuou o pasado venres en Covelas, onde membros do PP local mantiveron unha reunión coas Asociacións de Veciños das parroquias ribadenses, durante a que recolleron as súas peticións.

Durante todo o mes de novembro, os populares manterán xuntanzas cos veciños de Anzas, da Devesa e de Piñeiro. En concreto, o próximo venres 17, os populares participarán nunha reunión en Anzas; o 24 manterán unha xuntanza coa Asociación Santa Eulalia da Devesa e o 30 coa Asociación de Veciños de Piñeiro.

Política comprometida fronte a propaganda irresponsable

O presidente do PP Local, Jesús López Penabad asegura que a través desta rolda de contactos, os membros do PP municipal procuran recabar as inquietudes e reinvindicacións que se plantean no rural e no casco da localidade e facerse así tamén unha visión conxunta das carencias do municipio.

López Penabad contrapón esta actitude de servicio e compromiso cos ribadenses a través da responsabilidade e do consenso, contra a política propagandística e imprudente que segundo o presidente local está a profesar o rexedor nacionalista da localidade, Fernando Suárez.

O popular manifestase crítico coa ocupación dunha sucursal en Ribadeo por parte de cargos do BNG, entre eles o rexedor local e o vicepresidente da Deputación. López Penabad oponse aos comportamentos e a política de “todo vale para saír na foto”, que soen por de manifesto políticos aos que o popular se referiu como “asaltabarricadas”.

López Penabad esixe unha “política de maiúsculas” que procure solucións, ao tempo que fai referencia aos alcaldes de toda a comunidade, que están a explorar todas as vías legais posibles e dentro das súas reducidas competencias para buscar solucións a problemática dos desafiuzamentos, e non procurando simplemente unha política de “pancarta”.

Mentres, os populares procuran traballar ao servicio dos
ribadenses, co firme propósito de presionar ao goberno nacionalista da
localidade e converterse no apoio dos veciños; López Penabad critica que o alcalde da localidade se adique a ocupar entidades bancarias.

Exit mobile version