Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Riotorto presenta unha moción sobre as obras na estrada a Marco de Álvare

O PP DE RIOTORTO PRESENTA POR REXISTRO NO CONCELLO EN DATA 27 DE NOVEMBRO A MOCIÓN RELATIVA A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA RIOTORTO-MARCO DE ALVARE,
En base a seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A mellora da estrada provincial LU-P-5501( Pk 0-5,8)que vai de Rodrigas a Marco de Alvare e que é titularidade da Deputación Provincial de Lugo, foi adxudicada pola Xunta de Goberno da Deputación en data 25-02-2011 a empresa Obras, Camiños e Asfaltos SA tendo un prazo de execución de 6 meses.

En data 4 de Agosto de 2011 levantouse acta de paralización das obras ao non dispoñer dos terreos e bens necesarios para realizar a obra.

No mes de Setembro deste ano 2012 reanudaronse as obras da estrada, antes das eleccións autonómicas.

A finais do mes de Outubro, unha vez pasados os comicios electorais as obras volven a paralizarse, non existindo ningunha actividade na referida estrada e procedendo a retirada das maquinas e das casetas de obra destinadas a vestiario e oficina.

A mellora deste víal é prioritaria xa que se trata dunha estrada estratéxica e vital para o desenvolvemento económico e o benestar de Riotorto xa que nos comunica coa cabeceira de comarca que é Meira e coa capital da provincia.

Con estas medidas demostrase o absoluto abandono e falta de compromiso tanto do goberno municipal como da Deputación Provincial de Lugo cos veciños do municipio de Riotorto.

Polo exposto anteriormente,demandan do Pleno do Concello de Riotorto na sesión que vai ter o luns a adopción dos seguintes ACORDOS:

Demandar á Deputación Provincial de Lugo que proceda a reanudación das obras de mellora da estrada LU-P-5501( Pk 0-5,8)Rodrigas-Marco de Alvare, a maior brevidade posible.
Remitir copia deste acordo a todos os grupos políticos da Deputación Provincial de Lugo.

Exit mobile version