Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que o presidente da Deputación só se lembra das residencias en épocas electorais

Candia afirma que o Señor Besteiro só se lembra das residencias en épocas electorais e instao a que deixe de facer uso partidista das mesmas e as remate

. Para evitar falar do seu apoio a dous despedimentos improcedentes Besteiro convocou unha Xunta para anunciar o mesmo que anunciou no ano 2010; unha actitude totalmente dictatorial posto que foi unha decisión en contra do pleno, da voluntade da Xunta Xeral e dos representantes dos traballadores

. O afán de Besteiro de prometer en épocas electorais é rutinario, proba disto son as residencias de Trabada (preadxudicada en maio do 2011), Pol (preadxudicada en maio de 2012) e Castroverde (preadxudicada en maio de 2012); todas antes das eleccións municipais do 2011

. A Voceira dos populares na Deputación lembra que estamos a finais do ano 2012 e non hai nada feito, polo que todo apunta a que o que quería Besteiro era ter un boletín oficial para ensinar nas eleccións

Lugo 21 de novembro de 2012.- A Voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia critica que o Señor Besteiro só actúe en épocas electorais e rétao a que deixe de empregar o proxecto das residencias e as convirta en realidade.

“Desgraciadamente xa coñecemos a táctica do Señor Besteiro, quen se adica a facer visitas aos concellos da provincia prometendo aos cidadáns compromisos que logo se ven incumpridos. Nos meses próximos aos comicios electorais, esta actitude do señor Besteiro multiplícase, pero unha vez pasadas eleccións, todo queda en “papel mollado”- afirma Candia

A voceira dos populares pon un exemplo destas nefastas actuacións por parte de Gómez Besteiro e cita as residencias de Trabada, Pol e Castroverde, todas elas preadxudicadas en comicios electorais.

“Residencia de Trabada, preadxudicada en maio do 2011; Pol, preadxudicada en marzo do 2011 e Castroverde, preadxudicada tamén en marzo do 2011. Podemos comprobar como o Señor Besteiro só actúa en comicios electorais.”-critica Candia

Asegura a popular que outras das actuacións electorais do señor Besteiro, tivo lugar nestes comicios autonómicos, no que atinxe a Residencia da Fonsagrada

“Nestas eleccións autonómicas, o Presidente da Deputación, acude a Fonsagrada para mostrar o contrato da residencia e días despois leva unha pala como sinal de inicio das obras”-lembra Elena Candia

Conclúe a Voceira do PP na Deputación nomeando outras das últimas actuacións do Señor Besteiro, quen para evitar falar do seu apoio a dous despedimentos improcedentes convoca unha Xunta para anunciar o mesmo que anunciou no 2010 (o orzamento que destinará SUPLUSA a residencias para o 2013). Lembra Candia, que Besteiro tomou unha decisión en contra do pleno, da voluntade da Xunta Xeral e dos representantes dos traballadores, unha actitude, totalmente dictatorial.

Exit mobile version