Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP vota en contra dos orzamentos da Deputación sen propostas alternativas

O Partido Popular négase a aprobar uns orzamentos onde o Señor Besteiro destina máis de un millón de euros a propaganda

. Nun actual contexto de difícil situación económica é inaceptable respaldar o destino de 1.036.400,00€ a propaganda, unha partida que se incrementa ademáis nun 35,12% con respecto ao 2012

. Os populares critican que se destinen 190.000.00€ a atencións protocolarias e representativas, incrementándose un 4,11% con respecto ao ano pasado

. O afán de Besteiro por proxectar a súa imaxe sigue manténdose nos orzamentos; mostra disto vese no 1.565.455,00€ para a súa axencia persoal de comunicación, a Fundación TIC

. O PP conseguiu involucrar ao Presidente, convencendoo de que co seu traballo pode contribuir a que Novacaixagalicia banco reconsidere a decisión de peche das entidades bancarias

.O PP non entende que a Vicepresidenta Lara Méndez, vote en contra dunha proposición que apoiou no seu Concello; Lara Méndez rexeita así a proposta de ampliación do Museo do Mar

Lugo, 27 de setembro de 2012-. Na sesión plenaria celebrada esta mañá, o GPP votou en contra do orzamento provincial para o vindeiro ano 2013.

“Non podemos aprobar uns orzamentos, máxime no momento de difícultades económicas que estamos a atravesar, onde o Señor Besteiro, destina unha partida de 1.036.400,00€ a propaganda. Unha cuantía, que se incrementa ademáis nun 35,12% con respecto ao 2012”- manifestou, con rotundidade, Elena Candia.

A voceira dos populares criticou ademáis que o Equipo de Goberno da Deputación de Lugo destine 190.000.000€ a atencións protocolarias e representantivas, incrementándose un 4.11% con respecto ao ano pasado.

“Podemos comprobar nos orzamentos provinciais como o Señor Besteiro sigue destinando diñeiro para proxectar a súa imaxe; ademáis do citado anteriormente, 1.036.400,00€ destinado a propaganda, incrementa nun 4.11% a partida orzamentaria para atencións protocolarias e representantivas, sendo en total 190.000.000€ para dito fin”- manifestou Elena Candia, quen engadeu que a Deputación ten instrumentos para dinamizar a economía da provincia.

A voceira dos populares lanzou duras críticas pola cuantía orzamentaria que o Señor Besteiro destina a súa axencia persoal de comunicación, á Fundación TIC.

“Nada máis e nada menos que 1.565.455,00€. Non dúbidamos nin criticamos a profesionalidade destes traballadores da comunicación. O que denunciamos é que o Señor Besteiro, tendo en conta a situación que vivimos, destine esta elevada partida a autopromocionarse”- manifesta Candia.

Elena Candia criticou que nos capítulos seis e sete, no tocante ao concepto de investimentos reais, o Equipo de Goberno rebaixe na cantidade que se consigne.

“No 2012 a cuantía económica foi de 24.079.569,56€ mentras que para o 2013, a partida é de 19.404.741, 99€ “- afirmou Candia.

MANTEMENTO DAS OFICINAS DE NOVAGALICIA BANCO

O Grupo Provincial Popular conseguiu involucrar ao Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, convencendoo de que co seu traballo pode contribuir a que Novacaixagalicia banco reconsidere a decisión de peche das entidades bancarias

ADQUISICIÓN INMEDIATA DOS ESPAZOS QUE PERMITAN ACOMETER A AMPLIACIÓN DO MUSEO PROVINCIAL DO MAR DE SAN CIBRAO

Os populares non entenden as contradicións da Vicepresidenta Lara Méndez, posto que na sesión plenaria de hoxe votou en contra da adquisición inmediata dos espazos que permitan acometer a ampliación do museo provincial do mar de San Cibrao, e no seu Concello votou a favor. Con esta actitude, Lara Méndez rexeita a proposta de ampliación do Museo do Mar de San Cibrao.

Exit mobile version