Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE anima a manifestarse en Riotorto contra o peche da única oficina bancaria do concello

O PSdeG-PSOE anima a manifestarse en Riotorto contra o peche da única oficina bancaria do concello
-Os socialistas acudirán cos veciños á manifestación deste sábado ás 12.00
convocada pola comisión veciñal e animan a que haxa “a maior participación
posible” na protesta, “moi importante para a actividade económica”
O PSdeG-PSOE provincial de Lugo estará cos veciños na manifestación convocada para este
sábado día 1 ás 12.00 diante da Casa do Concello de Riotorto contra o peche da única
oficina bancaria que queda no concello, de NGB. O voceiro socialista en Riotorto, José García
Freije, anima a que haxa “a maior participación posible” na protesta. A sucursal financeira é
“imprescindible para moita xente que ten dificultades para desplazarse a outros sitios” e
supón un pulo “moi importante para a actividade económica” local.
García lamenta “que quieran facer desaparecer Riotorto do mapa financeiro galego” e que
“unha vez máis, o rural sexa desmantelado e quede sen ningún tipo de servizos para os
cidadáns sen que ninguén faga nada por evitalo”. Por iso, chama a “que se faga notar a
absoluta unidade veciñal que hai neste tema para non permitir que deixen Riotorto sen
nada”. Representantes do PSdeG-PSOE a nivel provincial estarán cos membros do grupo
municipal na protesta

Exit mobile version