Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE celebra o seu comité provincial “moi centrado no futuro”

O PSdeG de Lugo celebra mañá o seu Comité Provincial “moi centrado no futuro”
-O secretario xeral provincial, José Ramón Gómez Besteiro, destaca que “hai que
facer traballo interno” e “marcar unha folla de ruta propia” e incide no criterio
dos militantes: “A xente recoñece que perdemos as eleccións, e isto é importante,
recoñecer as culpas para dar ese impulso cara o futuro que temos que dar”
O PSdeG-PSOE de Lugo celebra mañá o seu Comité Provincial “moi centrado no futuro”. O
secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, apuntou esta mañá en declaracións aos
medios que “non hai que quedar pensando soamente no proceso electoral, que tamén hai
que discutilo, como facemos sempre en Lugo, civilizadamente e escoitando moito, pero
tamén hai que pensar no futuro”.
“Con carácter previo xa tivemos reunións moi activas en todas as comarcas de Lugo,
collemos bastante desas reflexións e insisto no carácter construtivo que destacan todos os
militantes. A xente recoñece que efectivamente perdemos as eleccións, e isto é importante,
recoñecer as culpas, sobre todo para dar ese impulso de cara ao futuro que temos que dar”,
incide Besteiro. O socialista engade que “hai moi boa materia prima e moi bo ánimo para
que esta situación torne dun fiasco electoral a mellorar as cousas e os contactos non só cos
cidadáns senón tamén internamente. Temos que facer un traballo interno do que non
podemos escapar”.
No Comité establecerase asimesmo unha folla de ruta provincial. “Marcaremos o traballo que
temos que facer, nos guste ou non, á marxe do futuro do partido en Galicia, igual que Galicia
ten que marcar a súa folla de ruta sen pensar o que pasa en Madrid. Hai que traballar xa
desde esta semana nunha folla de ruta distinta cando menos a nivel provincial”, explicou o
secretario xeral lucense.
“Imos centrarnos moito no futuro. A credibilidade recupérase facendo durante moito tempo
as cousas ben, non dun día para outro, e canto antes empecemos antes a recuperaremos.
Non sei se dedicaremos nin a metade de tempo analizar resultados, temos que pensar cómo
rectificamos e facemos as cousas mellor”, concluíu.

Exit mobile version