Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela tratou coa Plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico a indefensión de veciños

A Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela, e ante a preocupación e indefensión que veñen manifestando unha boa cantidade de veciños e veciñas de Burela con respecto a problemas coas compañías eléctricas, ven de manter unha reunión có portavoz da Plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico, José Luís Moñita.

Nesta reunión, Moñita explicounos os abusos máis comúns que se están a dar coas compañías eléctricas (cortes de suministro ilegais, contadores que non cumpren a normativa, facturacións abusivas, etc..), problemas que están afectando ós nosos veciños e veciñas, e ante os que se ven indefensos e sen saber moi ben a quen recorrer para poder arranxar todos estes problemas.

Dende a Comisión Executiva puxémonos a disposición da Plataforma para colaborar en todos aqueles aspectos nos que, dende a Plataforma poidan precisar do noso apoio. A intención deste Comisión Executiva é a de poder facer unha xuntanza en próximas fechas con todos os veciños e veciñas de Burela, na que membros da Plataforma poidan explicar os problemas máis usuais que se están a dar con este asunto, así como para que os propios veciños poidan plantexar todas aquelas dúbidas que teñan con respecto a esta problemática. Así mesmo puxemos a disposición da Plataforma ó noso Grupo Municipal para que todas aquelas iniciativas institucionais que a Plataforma vexa convinde facer, sexan encouzadas dende o mesmo.

Queremos felicitar á Plataforma polo traballo que está a facer para loitar contra estes abusos, e pedirlle unha vez máis ós nosos veciños e veciñas que ante calquera tipo de problema que teñan se poden dirixir a calquera membro tanto da Executiva como do Grupo Municipal para que poidamos dar esas solucións que a cidadanía está a demandar dos partidos políticos.

Exit mobile version