Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo levarán a pleno unha moción contra os desafiuzamentos para defender e facer efectivo o dereito á vivenda

OS SOCIALISTAS LEVARÁN A PLENO UNHA MOCIÓN CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS PARA DEFENDER E FACER EFECTIVO O DEREITO Á VIVENDA

-Destacan que “Cervo non é alleo á cara máis dura desta crise e co aumento do desemprego, hai veciños que están vendo perigar a súa casa. Dende o GMS non o imos consentir”

-Pedirán a aprobación de acordos como “non poñer ningún axente da Policía Local a disposición e esixir ás entidades financeiras que operan no concello a paralización dos desafiuzamentos”

CERVO, 29 DE NOVEMBRO. O Grupo Municipal Socialistas vén de rexistrar no Concello unha moción que presentará no vindeiro pleno con motivo da difícil situación na que se atopan cada día máis familias do municipio, “hai familias completas con todos os seus membros no paro, e ven como un dos seus maiores logros, a súa vivenda, pode estar en perigo”.

A famosa Lei de Enxuizamento Civil “descoñecida por moitos cando rubricaron a súa hipoteca, permite que os afectados se enfrenten a unha condena financeira de por vida. Aínda por riba de perder a vivenda, embárganselles os bens e ingresos, tanto presentes como futuros, e están obligados a saldar a totalidade da súa débeda”.

Os socialistas aseguran que “esta lexislación non se aplica noutros países e non podemos consentir que a situación de desamparo na que se atopan as nosas familias vaia a máis”.

A avidez de especuladores e entidades financieiras e certa publicidade enganosa fixeron que hoxe en día se esté a vulnerar un dos dereitos fundamentais dos cidadáns, o da vivenda. “Na Constitución plásmase que todos os españois teñen dereito a unha vivenda digna e adecuada e que os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito. Dende o PSOE de Cervo así o faremos”.

Tanto é así que pedirán no vindeiro pleno que se aproben propostas como “a eliminación do imposto municipal de plusvalía para as persoas afectadas, a revisión dos protocolos de actuación de Servizos Sociais nestes casos, non poñer ningún axente da Policía Local a disposición das ordes de desafiuzamento, colaboración dos servizos xurídicos do Concello en todos os casos que o requiran e interpelar ás entidades financeiras que operan no municipio para esixirlles a paralización dos desafiuzamentos”.

Exit mobile version