Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo organizou unha charla informativa sobre a problemática coas empresas eléctricas

OS SOCIALISTAS DE CERVO RESALTAN O ÉXITO DA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A PROBLÉMATICA COAS ELÉCTRICAS

-Foi unha oportunidade para poñer a situación en común e solventar certas dúbidas, “houbo unha gran asistencia e participación, o que nos anima a continuar nesta dirección”

CERVO, 20 DE NOVEMBRO. O local do PSdeG-PSOE de Cervo acolleu na tarde de onte unha charla informativa sobre a problemática que están sufrindo moitos veciños do concello coas empresas eléctricas. Os socialistas subliñan que “a iniciativa foi todo un éxito de participación, o que nos anima a continuar facendo propostas para loitar contra as anomalías que se están dando en moitos fogares do municipio”.

O encargado da charla, o presidente da Plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico, José Luis Moñita, tratou de explicar por qué se está dando esta situación, “hai unha normativa nova que cumplir, debemos adaptar os contadores e isto está creando certos problemas. Aclarou qué proceso seguir cando sexa obligatorio cambiar o contador e cómo actuar en caso de reclamación”.

Os veciños plantexaron as súas dúbidas e preguntas, “puxemos en común a situación e coñecemos cómo reaccionar ante diferentes situacións. Cremos que foi unha reunión moi participativa e constructiva en beneficio de todos. Seguiremos apostando por este tipo de iniciativas de aquí en adiante”.

Tanto é así que moitos dos asistentes, ó final da charla, quixeron adherirse á plataforma e formar parte deste organismo para estar á última no que a esta problemática se refire.

Exit mobile version